Cuba 1991

June 18, 2023

Cortadores de caña de azucre (Zafra). Cuba, 1991.

Novo libro

En xullo publicase un novo libro sobor o proxecto levado a cabo no ano 1991, durante o Período Especial en Tempos de Paz na illa de Cuba.

O Período Especial en Tempos de Paz, foi unha longa crise que comezou como resultado do colapso da Unión Soviética en 1991, do campo socialista e o agravamento do embargo estadounidense. Aínda hoxe, en 2023, a carencia de combustible e outros produtos de necesidade, obrigan ao racionamento. Cuba 1991, é un proxecto de fotografía documental con concepto de autor, levado a cabo na illa para documentar a vida diaria e o esforzo da cidadanía para sobrevivir.

O autor documentou A Zafra (recollida da cana de azucre), a minería, a agricultura, o tabaco, a vida social, e outros temas. Foi posible fotografar grazas a que as autoridades cubanas comprenderon a necesidade de facer ver ao mundo a precariedade na que vivía Cuba, e enviar unha mensaxe a solidariedade internacional. As fotografías son en branco e negro con película Kodak TRI-X, e os textos en galego. Desafortunadamente, nun voo de Madrid a Cuba, o avión fixo escala en Santo Domingo e a maleta que contiña cadernos e negativos nunca máis apareceu. E se non fose pouco, moitos dos textos escritos estaban nun computador Toshiba T1000XE, que nunca volveu a acender. A tirada é de 100 exemplares, en papel interior de 135 gramos, dos cales se poñen á venda 80. É un prezo simbólico na promoción sen ánimo de lucro para un proxecto autofinanciado, publicado como libro por primeira vez grazas e en parte as achegas que recibe. O traballo foto documental acadou o primeiro premio Fotopres da Caixa en Barcelona, 1993. Cuba 1991 é a ollada comprometida do autor aberto a crítica no eido educativo.

Ligazón para mercar o libro: www.delmialvarez.com/cuba-book

Comments are closed.