Transmigrants
May 20, 2017
[portfolio_slideshow id=2213]
O ser humano ten por dereito, vivir en calquera parte, e da mesma maneira, estamos condenados desde o principio dos tempos a vagar, buscando o noso destino. Nacemos inmigrantes ou descendemos deles e somos parte da nosa historia, dun proceso que vai no ADN da humanidade. Os seres humanos móvense dun lugar a outro en busca dunha solución onde empezar ou continuar unha vida familiar, a procura do sustento para vivir, un traballo decente, unha casa con fillos, e sobre todo atopar a felicidade, unha quimera nese longo camiño.
O mundo, avanza nunha crise migratoria que vai de norte a sur e de leste a oeste. Nas Américas, as persoas viaxan miles de quilómetros de sur a norte, buscando mellorar económicamente nos Estados Unidos, como en África que cruzan a España para chegar a países ricos donde atopar unha oportunidade.
O norte é o progreso e a prosperidade, ou iso parece. O sur é pobre, esquecido na miseria. De leste a oeste, a xente viaxa a Europa, escapando das guerras que non son súas, dos governos dictatoriais, da continua falta de dereitos humanos. Foxen das súas cidades, dos pobos, co medo, de vivir en ameaza, e prefiren elixir a vida en lugar da morte, de non loitar por unha causa que non entenden, porque non é deles.
A crise da inmigración que azouta a Europa, é un exemplo de como os seres humanos seguen movéndose dun lugar a outro no planeta, en busca do futuro, dos seus fillos e da súa familia. É necesaria a loita dos seres humanos para seguir con vida e continuar co proceso da súa descendencia. O proxecto Transmigrants ten como obxectivo documentar os procesos e a vida destas persoas que veñen a Europa e atópanse coas barreiras infranqueables que non lles permiten vivir con dignidade, onde crían que todo podería ser un soño alcanzable.
O proxecto Transmigrants
Este é un ensaio sobre un proxecto de fotografía documental a longo termo (2003-2016), dun problema social como o é a migración, éxodo ou desprazamento de persoas fuxindo das guerras, dictaduras, dereitos humanos, provocadas e organizadas por aqueles que se empeñan en crear un mundo de ideas e políticas neoliberais e un novo orde mundial. Este é o segundo proxecto sobre migracións que levo a cabo despois de Galegos na Diáspora.
É importante documentar coa fotografía etapas das sociedades cambiantes, igual que fixeron outros autores sobre outras crisis sociais ou culturais. A fotografía documental axuda a outras ciencias, como o pode ser a socioloxía, antropoloxía, etnografía etc.