Europa pecha as portas do paraíso
April 18, 2016
E de súpeto, alguén nun despacho dunha cómoda e quente oficiña, deu a orde de pechar as portas do paraíso. Miles de soñadores, entre nenos, homes, mulleres e vellos, quedaron atrapados, sen comida, sen lume para cociñar, esquecidos por todos. Xa levan moitos días malvivindo, mentres os soños perduran cada día e cada noite. Hai xente que espera chegar alí donde os esperan, amigos ou familiares. Os que mandaron pechar as portas, os que teñen o poder de todo, non son capaces de atopar unha solución. Foiselles o asunto das máns. Hai nenos sen escolarizar, e tarde ou temprano van a sair dese inferno, pero que dirán de nós, os europeos que fardamos de ser solidarios, de ter vivido e padecido a inxustiza das dictaduras?. Que dirán desta Europa que acada premios Nobel de la Paz e que deixa a milleiros de persoas no fango e o frío?. Que dirán de nós cando nos digan que non tiñan nen lume para poder quentar a leite para os nenos?.