Galegos na Guiana venezolana
May 30th, 2010
Tercer y último documental sobre galegos na diáspora filmado en la Guayana venezolana con tres gallegos.
Alacant
May 9th, 2010
Alacant, Maio 8, 2010.
Non hai nada tan marabilloso como deixarse acariñar polos raios do sol. Cargo baterías na terraza de Rafa por uns minutos como un lagarto. É que son un lagarto. E esa nube que rompe, crece, expándese, e ao final tápame o sol, e iso fódeme un pouco. Non pode ser, hai máis nubes no horizonte, gordas, negras e que veñen ás carreiras. Sigo coa recarga.
O sol xoga coas nubes, escondese. Gústame que pique o sol.
Escoito o son dunha mítica Cessna 172 de lonxe. Non é Rico pero imaxínolo hai tempo cos seus aterraxes e despegues, dando pasadas polo seu pobo Biar ao que irei mañá para as festas de Mouros e Cristiáns e alabeando para conquistar a Lourdes. Parece que escoito os trabucazos e a Rico organizando cos cólegas as festas.
Onte voamos nun 757 e ao mando ían un comandante letón e o noso amigo David o canario. Na mili puñámonos eses motes para identificar á xente.
Para David: pensamos que a toma foi un tanto rara, Rico e eu cremos que a fixeches nunha roda e logo pousaches pero hai que practicar máis, que o 75 non é un Binter!!. **Broma, broma, todo ben**.
Pola noite ceei con Rafa e Anabel amigos/cólegas do xornal Información. Xantei un quilo de tomates que son de Mutxamel, cieguiño quedei, estaban ríquisimos, alucinantes, vaia diferenza cos de Riga!. Oe Rico, axiña tes que falar cos de airBaltic para abrir a ruta Alacant-Riga-Alacant. Hai que dicirlle ao Janis Vanags que estes tomates son un crack. Podemos cgamarlle ¨A ruta do tomate¨.
Acaban de chegar máis nubes. Outro día de treboada, choiva e saca a piragua Fidel que todo se asulaga.
A Cessna segue dando pasadas.
Hoxe espero probar peixe e un arroz obreiro e subir unhas fotos do que vexa. Pedinlles aos do Xacobeo que vou ir a buscar os catálogos do proxecto Un Camiño, 14 olladas que agora cambiaron polas miradas do Camiño (teimas persecutorias dos políticos de quenda) e prometéronnos entregar e que agora pola GRAN CENSURA que hai na Xunta DE GALICIA teñen secuestrados. Da exposición fixeron unha importane criba.
USS KAUFFMAN
May 6th, 2010
Helsinki II
May 1st, 2010
Helsinki
May 1st, 2010
Rolling
April 26th, 2010
The Comunist
April 26th, 2010
Mozo posando con bufanda comunista, mentre camiñaba con Alberto Avendaño en Washington.
Arquitectura esquecida da guerra fría
April 26th, 2010
Antes foi un niño de ametralladoras soviético, agora é unha escultura fotografiada polos holydaymakers no verán- Non é doado chegar ata o lugar e tes que preguntar os nativos do lugar. Está en Liepaja, costa oeste de Letonia.